Skip to main content

O grupo de danza do Campus de Lugo participa dende no Encontro Internacional de Danza da Universidade de Estremadura

Un grupo do Espazo de Danza do Campus de Lugo, dependente da Vicerreitoría de Cultura, participará a próxima semana no II Encontro Internacional de Danza da Universidade de Estremadura, no que novamente reuniranse grupos de bailaríns de toda Europa para intercambiar experiencias e aprendizaxes.
O grupo lugués actuará o martes 6 no Auditorio do Campus coa peza ‘O falar calado’, de Juan Carlos Zahera. Así mesmo, participará nas distintas actividades que se organizan paralelamente ás actuacións. A actuación do grupo lugués en Estremadura súmase ás distintas participacións en distintos encontros, que teñen lugar dende o mes de marzo nun circuíto que pasa por distintos países de Europa.
De feito, a pasada semana, Juan Carlos Zahera, director do Espazo de Danza, participou en Vilnius (Lituania) no laboratorio de danza experimental PlaTForma, no que se reuniron os directores para explicar as súas liñas de traballo nas distintas universidades e elaborar unha peza conxunta despois do ensaio en pequenos grupos.
Por outra banda, o pasado sábado 26, un subgrupo nacido dentro do Espazo de Danza da USC e chamado ‘Danza Aberta’ actuou coa peza ‘O falar calado’ no centro de maiores de Caixa Galicia na Coruña, coincidindo coa celebración do Día Internacional da Danza.

The contents of this page were updated on 05.02.2008.