Skip to main content

Convócase proceso de selección para elaborar unha listaxe de espera de profesorado de lingua española para estranxeiros

Co fin de cubrir as necesidades que poidan xurdir no Centro de Linguas Modernas, a USC convoca un proceso de selección para elaborar unha listaxe de espera de profesorado de lingua española para estranxeiros. O prazo de presentación de solicitudes remata o 12 de maio.
As bases da convocatoria atópanse expostas nos taboleiros de anuncios da Reitoría e da Casa da Balconada, en Santiago, e do edificio de Servizos Administrativos e Biblioteca Intercentros do Campus de Lugo. Ademais, pódese consultar na páxina web http://www1.usc.es/WebPas/Listaagardaprofespañol/wwwprofesorespañol.pdf.

The contents of this page were updated on 05.06.2008.