Skip to main content

Estudantes da USC defenderon a igualdade de xénero pintando pola Praza do Obradoiro e cambiando vestimentas

As primeiras performances dos estudantes de Ciencias da Educación tiveron lugar no Obradoiro
As primeiras performances dos estudantes de Ciencias da Educación tiveron lugar no Obradoiro

Estudantes de Ciencias da Educación mostraron as desigualdades entre homes e mulleres con dúas performances na Praza do Obradoiro. A primeira actuación consistiu na mestura de cores en ‘Pintemos pola igualdade’ e a segunda, titulada ‘¿Evolución ou encasillamento?’, centrouse no intercambio de vestimentas de traballo e xoguetes cos que se socializa a homes e mulleres.
Repetindo a experiencia do ano pasado, Jorge Marín volve coordinar aos alumnos da materia ‘Socioloxía dos Roles de Xénero’ para actuar contra a violencia de xénero e as desigualdades os luns, mércores e xoves do mes de maio. A seguinte sesión, ‘Ablación Xenital Feminina’, será o xoves, día 8, ás 10:00 horas na Alameda de Santiago, entre a estatua das Marías e o Paseo dos Leóns.
Para a vindeira semana, representarase ‘Violencia de Xénero: construción social’ o luns 12 ás 9:00 horas no Cemiterio de Bonaval, ‘Orde Falocéntrico’ na Rúa do Vilar o mércores 14 ás 17:00 horas, e ‘Discriminación laboral’ o xoves 15 a partir das 10:00 na Praza do Toural.
O resto do mes continuará con ‘El estado contra Mr. Smith’ na Praza das Praterías, ‘Desagüe Consumista’ en Xeneral Pardiñas, ‘Violencia Familiar’ ou ‘Enfermos da sociedade: ¿vítimas ou verdugos?’ na Praza Roza, entre outras.

The contents of this page were updated on 05.05.2008.