Skip to main content

A VI edición da Mostra de Teatro Afeccionado Cidade de Lugo remata esta semana coas tres últimas representacións

A VI Edición da Mostra de Teatro Afeccionado Cidade de Lugo rematará este mércores 14 tras a representación de sete obras, das que aínda faltan por verse tres. Esta cita cultural está organizada polo Concello de Lugo, coa colaboración da Vicerreitoría de Cultura da USC e a Escola Arte e Lecer do Colexio Fingoi, e coordinada por Palimoco Teatro.
A Mostra retómase o día 12 de maio con ‘Pic-nic’, de Pinchacarneiro Teatro, e, ao día seguinte será a preestrea en Lugo de ‘O Divino Sainete’ a cargo de Achádego Teatro. O día 14 pechará a Mostra a obra ‘Pensión 13’, do dramaturgo lucense Xoán Laxe, representada polo grupo Nova Escena Teatro, dirixidos polo tamén lucense Mario Tomás López.
Todas as obras representarase no Auditorio Gustavo Freire, ás 20:30 horas, e as entradas poden comprarse dende unha hora antes da función no propio Auditorio a un prezo de 3 euros.

The contents of this page were updated on 05.09.2008.