Skip to main content

O presidente do Colexio de Enxeñeiros de Obras Públicas ofrece o luns unha conferencia sobre o futuro dos estudos universitarios

Será na Escola Politécnica Superior na mañá do luns

O Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos de Obras Públicas celebrará este luns 12 a festividade do seu patrón, Santo Domingo da Calzada, no salón de actos Isaac Díaz Pardo na Escola Politécnica Superior, a partir das 11:00 horas.
O acto central da celebración será unha conferencia do presidente nacional do Colexio, Gonzalo Meneses Marín, co título ‘Situación actual e, previsiblemente, futura da Enxeñaría dentro do Espazo Europeo de Educación Superior’.
A temática da charla pretende ser unha visión sobre o estado no que quedarán as ensinanzas de enxeñaría civil dentro do EEES, xa que, por iniciativa europea, como máximo no curso 2010-2011, teñen que adaptarse todos os estudos universitarios actuais ao citado EEES. Con esta medida, deixarán de impartirse as actuais diplomaturas e licenciaturas en enxeñarías técnicas e arquitecturas técnicas para ser substituídas por tres tipos de titulacións, o grado, o máster e o doutorado.
No acto estarán presentes, ademais do relator, o decano da zona de Galicia do Colexio de Enxeñeiros Técnicos de Obras Públicas, José Antonio Mondelo Rodríguez; o delegado provincial en Lugo do Colexio, Francisco Ruíz del Olmo y Barba; e o director da Escola Politécnica Superior, Javier Bueno.

The contents of this page were updated on 05.09.2008.