Skip to main content

A Asociación IV Ciclo proxecta na Escola de Formación do Profesorado 'Unha lousa sobre o Courel', sobre o que se fará un coloquio

A Asociación IV Ciclo universitario do Campus de Lugo celebra este martes 13 unha nova actividade cultural aberta á participación da comunidade universitaria e público en xeral. Trátase da proxección e posterior coloquio do filme documental ‘Unha lousa sobre o Courel’.
O acto dará comezo ás 19:30 horas no salón de actos da Escola de Formación do Profesorado de Lugo coa proxección do filme. A continuación terá lugar o coloquio, no que participarán o director, Henrique Banet, e a actriz Mabel Rivera, produtora e narradora do documental.
Ademais, dos dous membros do equipo de produción, participarán tamén no coloquio representantes da asociación SOS Courel.

The contents of this page were updated on 05.12.2008.