Skip to main content

O Premio Nobel de Medicina en 1989, Harold Elliot Varmus, inaugura unha nova edición do programa Conciencia

Varmus preside na actualidade o Memorial Sloan-Kettering Cancer Center de Nova York

Unha das maiores autoridades científicas mundiais na investigación do cancro, Harold Elliot Varmus, será quen inaugure a vindeira semana a edición de 2008 do programa ConCiencia, organizado pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) en colaboración co Consorcio e a Fundación Caixa Galicia. O descubrimento da orixe celular dos oncoxenes retrovirais valeulle a Varmus o Premio Nobel de Medicina en 1989.
O hoxe presidente do Memorial Sloan-Kettering Cancer Center de Nova York impartirá o xoves 22 no Centro Sociocultural da Fundación Caixa Galicia, en Santiago, a conferencia ‘Por que é importante a ciencia?’. Xa na mañá do venres manterá no Centro de Estudos Avanzados unha reunión con investigadores.

The contents of this page were updated on 05.16.2008.