Skip to main content

A USC recibe aos maiores de 25 anos que superaron as probas de acceso á Universidade

A Universidade de Santiago de Compostela celebra este venres, día 16, na Casa de Europa (Parque Vista Alegre. Rúa Salvadas s/n) un acto de recoñecemento e benvida aos maiores de 25 anos que superaron as probas de selectividade en Galicia na súa última convocatoria.
A recepción, que se desenvolverá ás 17:30 horas, estará presidida polo reitor da Universidade de Santiago, Senén Barro, e nela o coordinador do programa ‘A Ponte’ no que se enmarca este evento, Luis Hervella, explicaralles aos asistentes a oferta de estudos, convocatoria de bolsas, residencias, ofertas culturais e lúdicas que a Universidade lles ofrece.
No acto, no que se lles fará entrega aos asistentes dos correspondentes diplomas acreditativos, a estudante de terceiro curso de Xornalismo Pilar Pazos Bermúdez contará a súa experiencia universitaria tras superar as probas de acceso para maiores de 25 anos nunha convocatoria anterior.

The contents of this page were updated on 05.15.2008.