Skip to main content

Presentación da programación dos cursos de verán na provincia de Lugo

O vicerreitor de Cultura, Elías Torres, xunto co responsable dos Cursos de Verán da USC, Pablo Sampedro, presentarán en rolda de prensa este mércores, día 21, a programación completa dos cursos de verán da Universidade de Santiago que se desenvolverán nos concellos de Lugo. A presentación terá lugar ás 11:15 horas na Sala de Prensa da Vicerreitoría de Coordinación.
Nesta ocasión, a USC organiza un total de 66 cursos de verán –máis do dobre que o pasado ano- tendo lugar vinte e tres no Campus de Santiago; seis no de Lugo; cinco en Vilagarcía de Arousa; catro en Monforte, os mesmos que en Sada e Mondoñedo; tres en Noia e outros tantos en Sarria; e, finalmente, un en Caldas de Reis, Foz, Lalín, Lousame, Muros, Ribadeo, Bertamiráns, A Coruña, Rianxo e Tomiño.

The contents of this page were updated on 05.20.2008.