Skip to main content

Clausura da exposición 'Cen anos de Odontoloxía en Galicia, 25 anos de Odontoloxía na USC'

O vicerreitor de Cultura, Elias Torres, presidirá este venres 23 a clausura da exposición ‘Cen anos de Odontoloxía en Galicia, 25 anos de Odontoloxía na USC’, incluída no programa de actos conmemorativos do primeiro cuarto de século do nacemento da Escola de Odontoloxía en Compostela. A sesión celebrarase a partir das 12:45 horas no hall da Facultade de Medicina.
Á clausura tamén está prevista a asistencia do decano da Facultade, José Mª Fraga; da vicedecana do centro, María Jesús Mora; a comisaria da mostra, Isabel Ruíz Apilánez; o presidente e o vicepresidente da Sociedade Española de Cirurxía Oral e Maxilofacial (SECOM), Santiago Llorente e Arturo Bilbao, respectivamente, así como dun representante da Fundación Caixa Galicia, entidade patrocinadora da exposición.
A exposición achega aos seus visitantes a unha viaxe no tempo para coñecer de primeira man a evolución experimentada por esta disciplina no último século. Aberta ao público durante tres meses, os seus promotores destacan o “grande éxito” de público que acudiu a visitala neste tempo.

The contents of this page were updated on 05.22.2008.