Skip to main content

Exposición sobre a pegada ecolóxica galega na Facultade de Ciencias da Educación

Producida pola Federación Ecoloxista Galega e a Sociedade Galega de Educación Ambiental, a mostra permanecerá aberta ata o 30 de maio

A pegada ecolóxica é un indicador de sustentabilidade que permite analizar as relacións entre a capacidade de produción do planeta e a demanda dos recursos polo ser humano. O valor da pegada ecolóxica galega ascende a máis de 6 hectáreas per cápita, que indica que se precisaría unha extensión case seis veces superior a Galicia para ser autosuficientes ou sustentables.
Co fin dar a coñecer este concepto e incidir no elevado do seu valor no contexto galego, a Federación Ecoloxista Galega (FEG) elaborou un detallado informe que posteriormente serviu de guía para unha exposición que, producida en colaboración coa Sociedade Galega de Educación Ambiental (SGEA), se pode visitar na Facultade de Ciencias da Educación ata o 30 de maio.
A mostra consta de 11 paneis e, logo de ser avaliado o seu éxito nesta primeira facultade, servirá o vindeiro curso de fío condutor doutras actividades de Educación Ambiental en colaboración coa Coordinación do Plan de Desenvolvemento Sostible da USC. No marco desta colaboración está tamén prevista a inclusión dun ou varios paneis sobre a pegada ecolóxica de centros da USC, a partir do estudo que está sendo realizado pola mencionada oficina universitaria.

The contents of this page were updated on 05.22.2008.