Skip to main content

A Asociación de Antiguos Alumnos e Amigos da USC visita o Museo Pedagóxico de Galicia

A Asociación de Antiguos Alumnos e Amigos da USC visita este sábado, día 8, o Museo Pedagóxico de Galicia (Mupega) encargado de promover e desenvolver a recuperación do legado pedagóxico da Comunidade Autónoma.
A partir das 12:00 horas, os asistentes coñecerán o centro museístico de cobertura territorial galega especializado en materia educativa. Como parte do percorrido, visitarán a exposición temporal ‘Mestras, unha biografía chea de soles’.

The contents of this page were updated on 11.07.2008.