Skip to main content

AENOR entrégalle a oito centros da USC as certificacións OHSAS 18001 sobre seguridade e saúde laboral

A de Santiago é a primeira Universidade española que consegue esta certificación

O presidente de AENOR, Manuel López Cachero, viaxará este luns 24 a Santiago e Lugo para facer entrega das certificacións OHSAS 18001 sobre seguridade e saúde laboral que acadaron oito centros da USC, sendo a compostelá a primeira Universidade española que as consegue.
Os centros que reciben esta certificación son o Instituto de Cerámica de Galicia, a Escola Infantil Breogán e as residencias e colexios maiores que forman o Servizo Universitario de Residencias (SUR), isto é, os Colexios Maiores Rodríguez Cadarso, San Clemente e Fonseca, e as Residencias Universitarias Burgo das Nacións, Monte da Condesa e Xesús Bal e Gay, esta última de Lugo.
As certificacións OHSAS aos sete centros composteláns seranlle entregadas aos seus directores nun acto a celebrar este luns, día 24, ás 12:30 horas no Salón de Graos do Colexio de San Xerome, baixo a presidencia do reitor Senén Barro. Nese acto protocolario, ao que asiste ademais o director da Delegación de AENOR en Galicia, Martín Pita, intervirá o coordinador do Servizo de Prevención de Riscos da USC, Enrique Macías.

The contents of this page were updated on 11.21.2008.