Skip to main content

A compoñente lírica no teatro de Séneca, abre as sesións de debate da segunda Xuntanza Internacional de Investigadores de Filoloxía Clásica

Organiza o encontro o grupo de Filoloxía Clásica do Departamento de Latín e Grego da USC

O grupo de investigación de Filoloxía Clásica do Departamento de Latín e Grego da USC organiza dende esta martes 25 e ata o próximo venres 28 na Facultade de Filoloxía a segunda Xuntanza Internacional de Investigadores.
A compoñente lírica no teatro de Séneca, a oratorio e a lei na Atenas clásica, a difusión da ópera teatral na Atenas do quinto século ou o desenvolvemento da sintaxe latina dende Szantyr son algúns dos relatorios que presentarán expertos procedentes de institucións académicas de Holanda, Reino Unido, Italia, Alemaña ou Estados Unidos.
O profesor de Ciencias da Antigüidade da Universidade de Pavia, Giancarlo Mazzoli, abrirá este martes, ás 17:00 horas na Aula 24, a quenda de intervencións falando sobre o elemento lírico no teatro de Séneca. Xa o mércores 26, Rutger J. Allan, da Universidade de Amsterdam, pronunciará a partir das 10:00 horas a conferencia ‘The Greek Historical Present: Epistemic Immediacy and Narrative Structure’ ao que lle seguirá o profesor do Instituto de Estudos Clásicos da Universidade de Londres, Michael Edwards, para falar sobre ‘Oratory and the Law in Classical Athens. The Case(s) of Isaeus’. Xa pola tarde, dende ás 16:00 horas, o profesor da Universidade de Bari Giuseppe Mastromarco centrarase nunha análise da difusión da ópera teatral na Atenas do quinto século.
O grupo de Filoloxía ClásicaO grupo Filoloxía Clásica da USC fórmano investigadores das tres áreas de coñecemento características dos estudos clásicos, Filoloxía grega, Latina e Lingüística Indoeuropea, que aúnan o seu labor investigador ao redor dos textos grecolatinos de época antiga nas tres facetas propiamente filolóxicas, a crítica textual, a análise lingüístico e os aspectos literarios.

The contents of this page were updated on 11.24.2008.