A Fonoteca proxecta un concerto de Ney Matogrosso e Pedro Luis, coa percusión da Parede
A Fonoteca universitaria proxecta este xoves, día 27, o concerto ‘Vagabundo, ao vivo’ que ofreceron no Olympia en 2005 Ney Matogrosso e Pedro Luis, coa percusión do grupo A Parede.
A actividade, que terá lugar ás 18:00 horas na sede da Fonoteca en Ciencias da Comunicación, enmárcase no ciclo Música en Imaxes.