Skip to main content

O reitor da USC pronuncia a conferencia inaugural das XVII Xornadas Luso Galaicas de Ciencias e Desenvolvemento

O reitor da Universidade de Santiago, Senén Barro, pronunciará este martes 21 a conferencia inaugural das XVII Xornadas Luso Galaicas de Ciencias e Desenvolvemento organizadas pola Real Academia de Ciencias. A sesión comezará ás 9:15 horas na sede da Academia (r/ San Roque, 2).
Co título ‘A responsabilidade social nas universidades’ Barro referirase á integración voluntaria no goberno, na xestión e na estratexia universitaria das preocupacións sociais, laborais, ambientais e de respecto aos dereitos humanos que parten da relación e o diálogo entre a Universidade e os seus grupos de interese, responsabilizándose das consecuencias e impactos que se derivan da actividade universitaria.
A USC está a desenvolver un proxecto ético global, no que a responsabilidade social é un dos seus eixes básicos. Ademais, dende 2005 elabora anualmente unha memoria de responsabilidade, actualmente única no conxunto do Sistema Universitario Español, coa que informa ao conxunto da sociedade dos seus principais compromisos e achegas nos ámbitos económico, social e ambiental.

The contents of this page were updated on 10.20.2008.