Skip to main content

Alumnos do Máster en Enerxías Renovables da USC realizarán unha instalación mixta de enerxía solar e fotovoltaica térmica nun suburbio da cidade da Paz

A iniciativa converterase, unha vez remata, no seu proxecto fin de estudos

Dous alumnos do Máster en Enerxías Renovables da USC, Daniel Rey e Alejandro Míguez, van realizar o seu proxecto fin de estudos en Senkata, un suburbio da cidade da Paz en Bolivia, levando a cabo unha instalación mixta de enerxía solar fotovoltaica e térmica. A instalación permitirá a 150 nenos dun Centro Social (que serve como albergue, escola e ambulatorio) e ao seu contorno familiar, constituído por máis de 1.000 persoas, gozar de duchas de auga quente neste poboado situado a 4.200 m de altura, no medio do altiplano boliviano e cun dos climas máis extremo do planeta. Ademais, o equipo de traballo porá en funcionamento un taller ocupacional de enerxías alternativas no mesmo centro dirixido á poboación adolescente da zona.
O proxecto financiarano a Dirección Xeral de Cooperación Exterior da Consellaría de Presidencia, a Universidade de Santiago e a Fundación Enerxía Solidaria. O apoio técnico correrá a cargo de Vicente Gándara e Iago Fernández do Grupo de Aplicacións Fotovoltaicas da USC e das empresas ISOFOTON e NEP. Os alumnos contará co apoio de campo do equipo da asociación UTAXAMA que xestiona o centro desde o 2005.
Mentres se ultiman os detalles deste proxecto, que poderá ser seguido a diario dende o blog de www.eryse.com, os alumnos da Facultade de Física están levando a cabo unha campaña de recollida de material escolar.

The contents of this page were updated on 11.04.2008.