O conselleiro de Medio Ambiente clausura o programa docente do Máster Oficial en Enerxías Renovables e Sustentabilidade Enerxética
O Máster Oficial en Enerxías Renovables e Sustentabilidade Enerxética celebrará este xoves 19 a súa clausura oficial nun acto no que participará o conselleiro de Medio Ambiente, Manuel Vázquez Fernández, acompañado do vicerreitor de Oferta Docente e Espazo Europeo de Educación Superior, Máximo Plo, e da decana da Facultade de Física e coordinadora do curso, Ángeles López Agüera.
Nesta xornada, que dará comezo ás 12:00 horas na Aula Magna da Facultade de Física, o conselleiro Manuel Vázquez pronunciará a conferencia de clausura do máster.
Este título oficial está estruturado en seis módulos, nos que os alumnos recibiron formación respecto dos fundamentos en enerxética; sustentabilidade; enerxía solar, biomasa e agro enerxía; enerxía eólica e outras enerxías alternativas.