A Universidade de Santiago e o Colexio Oficial de Psicólogos de Galicia asinarán un convenio marco de colaboración
O reitor da USC, Senén Barro, e a decana do Colexio Oficial de Psicólogos de Galicia, Mª Rosa Álvarez Prada, asinará este xoves 12 un convenio marco de colaboración. A sinatura celebrarase nun acto ás 12:00 horas no Salón Reitoral do Colexio de San Xerome.
Deste xeito, a universidade compostelá e o Colexio sentarán as bases para futuras colaboracións en materia de investigación, desenvolvemento e transferencia de coñecemento; formación e perfeccionamento de profesionais; formación práctica de estudantes; e no ámbito científico e profesional da Psicoloxía.