O grupo de teatro Albízaras representa no Colexio Maior Fonseca 'A Lenda de Xoán Bonome'
O grupo de teatro Albízaras, do Colexio Maior Fonseca, porá es escena este xoves 5 a obra ‘A Lenda de Xoán Bonome’, nunha adaptación de Agustín Magán Blanco. A representación será ás 21.45 horas no Salón de Actos do propio Colexio. A entrada é libre.
Trátase dun conto popular sobre a vida de Xoán Bonome, a quen se lle conceden cinco desexos que lle permitirán poñer patas arriba este mundo e mailo outro.