Skip to main content

A USC inicia o curso 2008-2009 o vindeiro luns cun acto protocolario no Paraninfo da Universidade

O reitor da USC, Senén Barro Ameneiro, presidirá o vindeiro luns 29 o acto académico de apertura do curso 2008-2009 na Universidade de Santiago a partir das 12:00 horas no Paraninfo da Universidade (Facultade de Xeografía e Historia).
O acto comezará coa lectura da memoria do curso académico 2007-2008 a cargo da secretaria xeral da USC, Isabel García-Rodeja, que dará paso á lección maxistral que pronunciará o catedrático de Anatomía e Produción Animal, Ignacio Salazar Beloqui, titulada ‘A olfacción secundaria nos mamíferos’. Pechando a quenda de intervencións, o reitor pronunciará o seu discurso.

The contents of this page were updated on 09.26.2008.