Preséntanse en Noia os cursos da USC no Campus de Verán desa vila
A Universidade de Santiago desenvolverá este ano tres cursos de verán en Noia, un no mes de xullo e outros dous en setembro. O radón, a memoria histórica e a mediación para a solución de conflitos serán os eixos temáticos.
Os cursos deste Campus de Verán da USC presentaranse este xoves, día 5, ás 11:00 horas na Casa do Concello da vila coruñesa. No acto participarán o vicerreitor de Cultura, Elias Torres, e o alcalde de Noia, Rafael García Guerrero.
Asistirán tamén á presentación os seus directores. Así, Xoán Miguel Barros e Joaquín Peón falarán do curso 'Actualización do gas radon como factor de risco ambiental para a saúde humana: implicacións das administracións, dos profesionais e dos cidadáns'. Pola súa banda, Aurora Marco explicará os detalles do curso 'Antón Avilés de Taramancos e a memoria histórica', mentres que Raquel Castillejo e Milagros Otero farán o propio con 'A mediación como mecanismo de solución de conflitos: a convivencia social'.