Skip to main content

O curso de Saúde Ambiental celebra o venres o seu acto de clausura

O vicerreitor de Coordinación do Campus de Lugo, Carlos Herrero, participará este venres, ás 13:30 horas, no acto de clausura do XXXVI Curso de Saúde Ambiental-Congreso provincial de Medio Ambiente, organizado polo profesor Francisco Peña coa colaboración das distintas administracións públicas, da Obra Social de Caixa Galicia e da USC, e que se ven desenvolvendo dende o luns na Fundación Caixa Galicia.
Este foro de debate ten como obxectivo fundamental contribuír ao desenvolvemento sostible da provincia de Lugo, a mellorar a xestión nos aspectos ambientais da saúde dos concellos lucenses e con isto as condicións de vida urbana, tendo presente o peso específico que ten no medio ambiente como xerador de actividades capaces de producir emprego, renda, saúde e benestar á poboación.
No acto de clausura estarán presentes tamén o alcalde de Lugo, José López Orozco; o presidente da Deputación Provincial, José Ramón Gómez Besteiro; o delegado provincial da Consellaría de Medio Ambiente, Eduardo Vidal Baamonde; o delegado provincial da Consellaría de Sanidade, Miguel Ángel Rodríguez Lois, e o responsable da Fundación Caixa Galicia en Lugo, Sinesio Pérez.

The contents of this page were updated on 06.05.2008.