Skip to main content

A xerente de Eurotalent, convidada este xoves do Foro Casa de Europa de Investigadoras e Tecnólogas

A xerente de Eurotalent, Marta Romo, será este xoves a convidada do Foro Casa de Europa de Investigadoras e Tecnólogas que organiza o Seminario Mulleres e Universidade (SMU) da USC. O encontro, titulado nesta ocasión ‘A muller Líder: O talento feminino nas organizacións do século XXI’, desenvolverase ás 16:15 horas no Centro de Estudios Avanzados.
Licenciada en Pedagoxía pola Universidade Complutense e Máster en Xestión e Dirección de Recursos Humanos pola Escola de Negocios CEU, Marta Romo é socia da Asociación Española de Eneagrama (AEneagrama) e da International Enneagram Asociation (IEA). É ademais asesora en materia de Captación e Desenvolvemento de Talento en AIESEC en España.
A súa traxectoria en Eurotalent iniciouna hai seis anos, onde desenvolve proxectos de consultaría estratéxica de recursos humanos para destacadas empresas como Aguirre Newman, Atlantic Copper, BT, Caifor, Caja de Burgos, Centunión, CEPSA, Covap , Chuloo´s, EMT, Energy-E2, Grupo Candy, Grupo Idea, Grupo Tui, Hero, ING Direct, Kellogg´s, Oracle, Pfizer, Renault, Renfe, Telefónica, Unilever Bestfoods e Vodafone, entre outras.
Marta Romo imparte actualmente docencia no Máster de Dirección de Empresas Turísticas e no Curso Superior de Xestión de Asociacións Empresariais do ICADE, na Escola de Negocios CEU e na Federación Española de Futbol. Xa como experta en desenvolvemento de Talento e Diversidade interveu en ETEA (Córdoba), na Universidade Comercial de Deusto (Bilbao), na Escola de Negocios ESTEMA (Valencia) e na Universidade de Burgos.
O SMUO SMU, un grupo de observación e estudo formado por profesoras da Universidade de Santiago, vén traballando dende a súa creación hai cinco anos na visibilización das mulleres en todos os campos da Ciencia e a Tecnoloxía.

The contents of this page were updated on 06.11.2008.