Skip to main content

Comezan as obras do novo edificio da Facultade de Ciencias no Campus de Lugo

Os primeiros traballados de contrucción do novo edificio deron comezo esta semana
Os primeiros traballados de contrucción do novo edificio deron comezo esta semana

A empresa FCC Construcción deu comezo estes días ás obras de construcción dun novo edificio anexo á Facultade de Ciencias, que albergará os novos laboratorios, tanto de docencia como de investigación, así como outros espazos para usos docentes, como seminarios ou despachos.
As novas instalacións terán unha superficie de 3.770 metros cadrados, dos que quedarán como útiles 3.600. O novo complexo estará situado ao lado da Facultade de Ciencias na parte que linda coa avenida Alfonso X e estará unido ao edificio principal a través dunha pasarela.
A superficie construída estará dividida en cinco plantas, tres en semisoto e dúas sobre rasante. As dúas inferiores serán de uso exclusivo e restrinxido para o persoal investigador mentres que o resto será de acceso libre para o alumnado. Ademais, as zonas comúns desta nova dotación poderán ser usadas por todos os centros universitarios do Campus lugués.
Esta obra está financiada en parte por fondos europeos e ten un orzamento de 4.005.731 euros. O remate das obras está previsto para o principios do ano 2011.
O proxecto construtivo contempla un deseño que permitirá a simbiose co medio natural que rodea ao novo edificio. Así, o teito estará axardinado e a planta intermedia, que estará acristalada, permitirá manter a vista sobre a carballeira.
Con esta nova obra permitirase acadar unha das esixencias do Espazo Europeo de Ensino Superior, que consiste na modernización dos laboratorios destinados á investigación.

The contents of this page were updated on 06.10.2008.