A promoción de 1983 de Matemáticas reencóntrase este venres en Compostela
Os alumnos que remataron a licenciatura de Matemáticas no curso 1983 celebrarán este venres, día 13, un pequeno acto de reencontro na Facultade de Matemáticas.
Ás 18:00 horas serán recibidos polo equipo decanal encabezado por Juan Viaño, para continuar ás 18:30 horas na Aula Magna do centro cunha semblanza da promoción a cargo da profesora Elena Vázquez Abal. Intervirá ademais o profesor Luis Hervella e pechará o acto o decano da Facultade. Ao remate todos eles percorrerán a mostra sobre o 50 aniversario da licenciatura na USC que se expón no propio centro.