Skip to main content

Presentación en Moaña dos cursos de verán da USC que se celebrarán nesa vila pontevedresa

A Universidade de Santiago desenvolverá no mes de xullo catro cursos de verán en Moaña, nos que se analizarán cuestións tan diversas como as mulleres do mar, as enerxías renovables na construción, a medicina do século XXI e a actividade fabril e industrial na Ría de Vigo.
Os cursos deste Campus de Verán da USC presentaranse este venres, día 13, ás 12:00 horas na Casa do Concello de Moaña nunha rolda de prensa na que participarán o vicerreitor de Cultura, Elias Torres, e o alcalde da vila pontevedresa, Xosé Manuel Millán.
Asistirán tamén á presentación algúns dos responsables dos cursos, que os poderán explicar con máis detalle. Así, contarase coa presenza dos profesores José Antonio Costoya, Víctor Arce e Gonzalo Rodríguez.

The contents of this page were updated on 06.12.2008.