Skip to main content

Máis de cincocentos universitarios fixéronse este ano doadores de órganos e tecidos

Na campaña organizada polo Día do Doador

O Servizo de Participación e Integración Universitaria da Vicerreitoría da Comunidade Universitaria e Compromiso Social da USC colaborou recentemente coa Asociación Galega de Enfermos pola Doazón de Órganos (Agedo) nunha campaña organizada con motivo do Día do Doador.
A ONG compostelá acadou 700 novas doazóns, das que 537 se fixeron nos puntos localizados nas facultades e bibliotecas da USC. Ademais, na distintas mesas informativas Agedo repartiu 8.500 folletos dos que agardan que un 3% soliciten a tarxeta de donante por correo.
Ao remate da campaña, e logo do balance final, Agedo felicitou á USC pola labor realizada, “que nos levou a ser a asociación que achegou un maior número de persoas novas doadoras no ano 2008”.

The contents of this page were updated on 06.18.2008.