Skip to main content

Clausúrase este venres o VIII Congreso da Asociación Internacional Siglo de Oro

Máis de 300 congresistas de catro continentes asisten estes días ao VIII Congreso da Asociación Internacional Siglo de Oro (AISO) ‘Compostella Aurea’, que organizan conxuntamente a USC e a Sociedad Estatal de Conmemoraciones Culturales (CEEC) adscrita ao Ministerio de Cultura. O encontro, que se desenvolve na Facultade de Filoloxía, celebrará este venres 11 a súa última sesión.
No congreso lémbranse personalidades tan relevantes como Quevedo ou Lope de Vega á vez que se resalta o traballo de grupos de investigación como os de Quevedo ou Calderón de la Barca da Universidade de Santiago, actualmente de referencia internacional. Deste conclave destaca tamén a numerosa participación, superando maioritariamente ás edicións anteriores organizadas cada tres anos.
A xornada do venres comezará co desenvolvemento de numerosas sesións plenarias paralelas para, ás 10:15 horas, pronunciar unha conferencia plenaria a profesora da Universidade de Coruña Sagrario López titulada ‘Signos visuais de identidade no Século de Ouro’. Rematará a sesión matutina coa presentación de novidades por parte dos asistentes e unha reunión de investigadores en poesía. Na tarde haberá máis sesións paralaleas para rematar coa cena de clausura.

The contents of this page were updated on 07.10.2008.