Skip to main content

A Asociación de Economía da Educación celebra en Santiago as súas décimo sétimas xornadas

Dar cabida ao debate entre expertos do papel da educación en cuestións relacionadas co mercado de traballo é o fin das XVII Xornadas que a Asociación de Economía da Educación (AEDE) celebrará os días 10 e 11 de xullo na USC.
Nesas datas, os máis importantes especialistas de España en asuntos educativos daranse cita na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais para reflexionar, e tentar chegar a acordos, sobre a orientación de políticas educativas e de emprego.
As xornadas de Economía da Educación, que se celebran dende 1992 en distintos puntos do territorio español e que nesta ocasión se enmarcan no 40 Aniversario da Facultade de Ciencias Económicas e Empresarias de Santiago, contemplan varias conferencias e numerosas sesións paralelas entre as que destaca unha dedicada á inmigración e á relación co mercado de traballo en base á súa formación educativa.
A avaliación dos sistemas educativos, o rendemento, o capital social, a xestión das institucións educativas, a inserción laboral ou a satisfacción serán outras cuestións a analizar polos expertos nas mesas de debate.

The contents of this page were updated on 07.01.2008.