O profesor Ernesto González Seoane tomará posesión este venres do seu cargo como decano de Filoloxía
O reitor da USC, Senén Barro, presidirá este venres 4 o acto protocolario de toma de posesión do decano da Facultade de Filoloxía, Ernesto González Seoane, nunha sesión prevista para as 13:30 horas no Salón de Graos do Colexio de San Xerome.
O profesor Ernesto González Seoane resultou reelixido decano nunha Xunta de centro celebrada o pasado mes de abril na que acadou 99 votos a favor, habendo 18 en branco e un nulo. Para os vindeiros catro anos, o equipo decanal deste centro estará conformado ademais por Juan Casas Rigall e María José López Couso como vicedecanos, e José Carracedo Fraga como secretario.