Skip to main content

A Fundación Rof Codina aproba un orzamento de 1,7 millóns de euros para o ano 2009

O Hospital Veterinario Rof Codina contará para o ano 2009 cun orzamento de 1,7 millóns de euros, unha cantidade moi similar á que ten para este ano. Así o aprobaron os membros do padroado da Fundación Rof Codina, reunidos para facer tamén un balance das actividades realizadas a través do informe remitido pola comisión avaliadora que renovou á Facultade de Veterinaria a súa acreditación europea.
A reunión estivo presidida pola Conselleira de Educación, Laura Sánchez Piñón; o vicerreitor do Campus de Lugo, Carlos Herrero, e o director do centro, Luis Felipe de la Cruz Palomino, coa participación de representantes de todas as institucións que forman parte do padroado, entre as que figuran as consellarías de Medio Ambiente e Medio Rural, o Concello e a Deputación Provincial.
A Conselleira destacou que o hospital tutelou máis de 10.000 horas de formación práctica de máis dun centenar de alumnos da Facultade luguesa. Así mesmo, o persoal do centro hospitalario realizou un total de 70 saídas con grupos de estudantes a distintas explotacións gandeiras. Deuse conta tamén do inicio do programa de internado posto en marcha por este centro e que foi imitado por outros hospitais españois.

The contents of this page were updated on 07.24.2008.