A exposición 'O Himno. Os tempos son chegados' chega á USC
Rememorando o centenario da primeira interpretación do Himno galego na Habana, esta mostra inaugúrase o mércores co Colexio de Fonseca
O Claustro do Colexio de Fonseca acollerá a partir deste mércores, día 30, a mostra ‘O Himno. Os tempos son chegados’, proposta expositiva de carácter itinerante da Vicepresidencia da Xunta de Galicia que chega agora á USC.
A inauguración oficial da exposición celebrarase este mércores 30 ás 12:00 horas no propio Colexio de Fonseca nun acto presidido polo vicerreitor de Cultura, Elias Torres, e no que tamén intervirán o secretario xeral de Relacións Institucionais da Xunta de Galicia, Xoán Antón Pérez Lema, e o comisario da mostra, Miguel Anxo Seixas.
‘O Himno. Os tempos son chegados’ conmemora o centenario da primeira interpretación do Himno galego na Habana o 20 de decembro de 1907.