Skip to main content

A xuventude galega debate na USC sobre as políticas de igualdade

O discurso da xuventude galega sobre as políticas de igualdade será a cuestión central dunha nova sesión do Foro Casa de Europa de Investigadoras e Tecnólogas que organiza o Seminario Mulleres e Universidade (SMU) da USC.
Deste xeito, este luns 5 de xullo, ás 17:00 horas na Casa Europa, participarán no Foro as presidentas das Novas Xuventudes Galegas María Seoane Romero polo PP, Iria Aboy Ferradás polo BNG e María Dolores Rodríguez Amoroso do PSOE.
O SMU, un grupo de observación e estudo formado por profesoras da Universidade de Santiago, vén traballando dende a súa creación hai cinco anos na visibilización das mulleres en todos os campos da Ciencia e a Tecnoloxía.

The contents of this page were updated on 06.29.2007.