Skip to main content

Comeza na Aula de Produtos Lácteos un novo obradoiro de emprego sobre Teleformación

O vicerreitor de Coordinación do Campus de Lugo, Carlos Herrero Latorre, o delegado provincial da Consellaría de Traballo, José Miguel Vázquez Calvo; e o director da APL, Juan Méndez Donega deron a...
O vicerreitor de Coordinación do Campus de Lugo, Carlos Herrero Latorre, o delegado provincial da Consellaría de Traballo, José Miguel Vázquez Calvo; e o director da APL, Juan Méndez Donega deron a...

Comezou este venres 29 na Aula de Produtos Lácteos (APL) de Lugo un novo obradoiro de emprego sobre teleformación no que un total de 40 alumnos traballarán aspectos como o deseño gráfico e multimedia, as redes de programación e o software de teleformación ou máis especificamente a creación de contidos en industrias lácteas e prevención de riscos.
Na sesión inaugural na que tamén se pechou a anterior edición deste mesmo O curso participaron o vicerreitor de Coordinación do Campus de Lugo, Carlos Herrero Latorre, e o delegado provincial da Consellaría de Traballo, José Miguel Vázquez Calvo, ademáis do director da APL, Juan Méndez.
Este obradoiro de emprego, cunha duración académica dun ano, conta cunha subvención da Consellaría de Traballo e ten prevista a realización do proxecto ‘Mais leite, mais saúde’, no que os asistentes elaborarán material informativo, crearán un portal web, un Cd interactivo, dous vídeos e un xogo infantil sobre a importancia dos produtos lácteos na saúde e para difundir os beneficios do leite.
En canto á prevención de riscos, os alumnos crearán un útil multimedia para a formación e consulta sobre primeiros auxilios especializado nos riscos das maquinarias e instalacións comúns nas industrias agroalimentarias e un Cd interactivo con medidas preventivas. Ademais, neste tempo crearanse varios cursos de teleformación de salubridade medioambiental nas industrias lácteas e de producións artesanais.

The contents of this page were updated on 06.29.2007.