Skip to main content

A literatura de mulleres en lingua alemá, a debate no Centro de Estudos Avanzados da USC

Baixo o título ‘Literatura de mulleres e 'teito de cristal?’, a área de literatura do grupo de investigación da USC ‘Literatura e lingüística alemá’ organiza un congreso internacional que ten como obxectivo fomentar o debate sobre a presenza feminina na literatura en lingua alemá. O encontro, que ten lugar no Centro de Estudos Avanzados, celébrase dende este xoves 27 ata o sábado 29.
Ademais das conferencias, o evento contará con actos culturais entre os que destaca a performance ‘Identidade’ que representará o venres 28 ás 21:30 no Casino de Santiago Helena Varela xunto co acompañamento audiovisual realizado por Xoel Díez. Os profesores responsables do congreso son Dolors Sabaté, Rosa Marta Gómez, Jaime Feijóo, Montserrat Bascoy e Carme Bescansa.

The contents of this page were updated on 09.27.2007.