Skip to main content

A USC e RENFE asinan un convenio para ofrecer vantaxes no transporte aos estudantes Erasmus e de Iberoamérica

O reitor da Universidade de Santiago, Senén Barro, e o xefe de gabinete de Xestión Comercial e de Produto da Dirección de Media Distancia Convencional de RENFE, José Luis Sanchidrián Álvarez, asinarán este xoves, día 15, un convenio de colaboración para ofrecerlle vantaxes no transporte en tren aos estudantes Erasmus e de Iberoamérica da USC.
A sinatura do convenio desenvolverase a partir das 12:00 horas no Salón Reitoral do Colexio de San Xerome.

The contents of this page were updated on 03.14.2007.