Skip to main content

A situación da muller no rural centra as xornadas de Lugosocial 'Muller, emprego e calidade social'

A vicerreitora adxunta de Infraestruturas e Servizos, Celia Besteiro e a Concelleira de Emprego Sonia Méndez deron a benvida aos asistentes á reunión previa ás xornadas
A vicerreitora adxunta de Infraestruturas e Servizos, Celia Besteiro e a Concelleira de Emprego Sonia Méndez deron a benvida aos asistentes á reunión previa ás xornadas

O papel da muller rural como elemento dinamizador centrará a sesión deste xoves 27 nas xornadas transnacionais organizadas por Lugosocial sobre ‘Muller, emprego e calidade social’.
As sesións comezaron este mércores 26 na Vicerreitoría de Coordinación do Campus de Lugo cunha reunión técnica dos socios do proxecto transnacional E-social face que foron recibidos pola vicerreitora adxunta de Infraestruturas e Servizos, Celia Besteiro, e a concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez.
O primeiro dos relatorios terá lugar mañá ás 10:00 horas no Centro de Empresas e Innovación de Lugo (CEI) e correrá a cargo do presidente da asociación ‘Rayando la igualdad’ José Luis Pascual Criado, baixo o título ‘A muller rural. Unha oportunidade para todos e todas’. A continuación, a relatora grega Eva K. Xidopoulou, do Research Centre for Gender Equality, falará sobre o proxecto Syglisis e as perspectivas e políticas de emprego feminino en Grecia. De seguido ás 12:15 horas está previsto o acto de inauguración oficial do encontro.
Para rematar esta primeira xornada, a coordinadora xeral de Lugosocial, Paula Gamazo Medina e Mª Paz de la Fuente Romay da Asociación vecinal e xuvenil ‘O Castro’, disertarán sobre o papel da muller como elemento dinamizador do medio rural no municipio de Lugo.

The contents of this page were updated on 09.26.2007.