Skip to main content

O xurado do Premio de Relato Curto convocado pola Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC reúnese este martes para ditar o seu ditame

O xurado do Premio de Relato Curto que convoca a Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC (AAAAUSC) na súa segunda convocatoria reunirase este martes, día 20, para emitir o seu ditame. A xuntanza comezará ás 17:30 horas na sede do Consello Social na Casa da Concha. O relato premiado galardoarase cunha figura da colección ‘Alba da Gloria’ de Castelao realizada por Sargadelos.
O xurado deste premio está presidido polo profesor da Facultade de Filoloxía José Manuel González Herrán, e integrado ademais pola tesoureira da AAAAUSC, María del Carmen Pardiñas, e pola profesora do curso de creación literaria da mesma Asociación, Alicia López Gallego.

The contents of this page were updated on 11.19.2007.