Skip to main content

Presentación dos actos conmemorativos do 50 aniversario da Licenciatura en Matemáticas

Programas lúdicos de divulgación matemática, conferencias de especialistas ou exposición retrospectivas, entre outros, conforman o programa que presentará o reitor da USC

A Licenciatura de Matemáticas da USC conmemora este curso o 50 aniversario da súa creación logo de que a Sección de Matemáticas da Facultade de Ciencias da USC comezase en 1957-1958 a impartir docencia.
O reitor da USC, Senén Barro, acompañado do decano da Facultade de Matemáticas, Juan Viaño, e do vicerreitor de Cultura, Elias J. Torres, serán os encargados de presentar o programa de actividades previstas para esta conmemoración. A presentación desenvolverase a partir das 12:00 horas na Aula Magna da Facultade de Matemáticas.
O programa conmemorativo inclúe un amplo abano de actividades entre as que se atopan diversas sesións académicas e institucionais, exposición retrospectivas, programas lúdicos de divulgación matemática, así como conferencias, concursos de diversa natureza e un concerto conmemorativo.

The contents of this page were updated on 11.13.2007.