Skip to main content

O grupo de investigación en 'Filoloxía Clásica' organiza unhas xornadas de actualización científica

O grupo de investigación ‘Filoloxía Clásica’ organiza entre os vindeiros días 28 e 30 na Facultade de Filoloxía unhas xornadas de actualización científica nas que participarán expertos procedentes de Portugal, Reino Unido e Italia.
O programa destas xornadas botará a andar este mércores 28, ás 17:00 horas na Aula 16, coa conferencia que pronunciará Philip Hardie, da Universidade de Cambridge, titulada ‘Fama in Livy’.
A sesión prevista para o xoves 29 comezará ás 10:00 horas na Aula 23 coa intervención de Mª Fátima de Sousa e Silva, da Universidade de Coimbra, sobre ‘Aristófanes: os primeiros anos dunha carreira dramática’. Seguiralle Gianpiero Rosati, da Universidade de Firenze (Italia), cun relatorio titulado ‘Stazio, Domiziano e la paternità: riti di successione nella Tebaide’. Xa pola tarde, dende as 16:00 horas na Aula 24, Philip Hardie falará sobre ‘Lucretian Visions in Virgil’. Deseguido, a intervención na Aula 5 de Alessandro Schiesaro, da Universidade della Sapienza de Roma, sobre ‘Didone e le intermittenze del cuore. I’ pechará esta segunda sesión.
O venres 30 ás 10:00 horas na Aula 5, o primeiro en intervir será Gianpiero Rosati para falar sobre ‘Perseo e l’epica delle Metamorfosi’. A partir das 12:00 horas será a quenda de Alessandro Schiesaro co relatorio ‘Didone e le intermittenze del cuore II’. As xornadas rematarán co relatorio ‘Proceso de Orestes, un reo absoluto ou condenado’, de Mª Fátima de Sousa e Silva.

The contents of this page were updated on 11.27.2007.