Skip to main content

O profesor Manuel Ladra confronta nunha conferencia do Seminario Vidal Abascal os principios das álxebras de Lie e de Leibniz

O profesor da USC Manuel Ladra González intervén este xoves 29 no Seminario Vidal Abascal onde pronunciará a conferencia titulada ‘Álxebras de Lie versus álxebras de Leibniz’. A sesión comezará ás 16:30 horas no Salón de Graos da Facultade de Matemáticas.
Nesta intervención, Manuel Ladra abordará unha análise, ás veces converxente e en ocasións diverxente, de dúas nocións importantes na Matemática e na Física actuais, as álxebras de Lie e de Leibniz.
Manuel Ladra é un recoñecido alxebrista e autor dun bo número de traballos de investigación publicados nalgunhas das mellores revistas da área como Communications in Algebra, Journal of Algebra ou Journal of Pure and Applied Algebra. Xunto ao seu labor docente e investigador, nos últimos anos ocupou diversos cargos de responsabilidade na Facultade de Matemáticas e na Área de Residencias Universitarias da USC.
O seminario ‘Vidal Abascal’O seminario toma o seu nome en homenaxe ao profesor Enrique Vidal Abascal, partícipe fundamental na creación do Departamento de Xeometría e Topoloxía e da Facultade de Matemáticas da USC, onde ocupou o cargo de director e decano, respectivamente, ademais de ser unha figura emblemática da matemática galega actual.

The contents of this page were updated on 11.28.2007.