A promoción 1977-1982 da Facultade de Filoloxía celebra as súas Vodas de Prata
Un grupo de licenciados da promoción 1977-1982 da Facultade de Filoloxía da USC celebrará este sábado, día 1 de decembro, as súas vodas de prata nun acto que dará comezo ás 11:00 horas no propio centro coa realización dunha fotografía conmemorativa.
O acto académico comezará deseguido no Salón de Graos coa intervención do decano Ernesto González Seoane; o profesor Guillermo Rojo, en representación do profesorado da promoción; e de José Martínez García, en nome dos titulados. A xornada académica concluirá cunha visita guiada polas cubertas da Catedral.