Sorteados tres portátiles, trece teléfonos móbiles, dez matrículas de balde e viaxes entre os estudantes que se matricularon por internet
A Universidade de Santiago sorteou este luns no Colexio de San Xerome un total de tres ordenadores portátiles, trece teléfonos móbiles, dez matrículas gratis e diversas viaxes e billetes de avión, entre os estudantes que se matricularon na USC utilizando a modalidade web.
Os portátiles recaeron nos alumnos Irene García Abad, Jorge García García e Marina Antolín Díaz. Pola súa banda, os estudantes que recibirán os teléfonos móbiles son Miguel Carrero Pazos, María Inmaculada Rial Sánchez, Eva Insua Rodríguez, Alba Permuy Lapido, Ana Mugica de Rivera, Inmaculada Castro Besteiro, Laura Lozano Guede, Silvia Pérez Varela, María Santamaría Cadavid, Jesús Manuel Barral Viqueira, Alejandro Campos Varela, Antonio Vázquez Vázquez e Irene Menduíña Gallego.
No sorteo das dez matrículas de balde resultaron seleccionados Cristina Díaz Mosteiro, Lucía Pombo Rodríguez, Sandra García Núñez, Jorge López Fresco, Celestino Fernando Amigo De Pascual, Igor Aparicio Gutiérrez, M. Teresa Piñeiro Pedreira, Marcos Prada Ginzo, Iago Manuel Varga Bermejo e Lara Silva Martínez.
Pola súa banda, Sandra Mateo Suárez foi a agraciada cunha viaxe de 8 días para dúas persoas á Illa de Tenerife, con saída desde Santiago de Compostela, en hotel de catro estrelas en réxime de aloxamento e almorzo, mentres que Marina Búa Otero gañou unha fin de semana para dúas persoas no hotel Husa Vilalba en réxime de aloxamento e almorzo buffet, con entrada incluída ao SPA.
Finalmente, Martín Saborido Rial e Juan Ramón Solla Iglesias acadaron un billete de avión de ida e volta Santiago-Dublín en Air Lingus, e María Aránzazu Dorrego López e Javier Santaeufemia Darriba un billete Interrail global 10 días flexi.