As V Xornadas Sindur analizan a relación entre comunidades virtuais, territorio e innovación económica
O grupo de investigación Sociedade, Tecnoloxía e Territorio GIS-T do Idega organiza as V Xornadas Sindur, dedicadas nesta ocasión ao tema ‘Comunidades virtuais, territorio e innovación económica’. Este encontro desenvolverase o vindeiro día 12 na Sala de Xuntas da Facultade de Xeografía e Historia da USC.
As V Xornadas SINDUR son un foro de debate e intercambio de coñecemento entre investigadores e técnicos de institucións con interese na análise e desenvolvemento da Sociedade da Información a nivel social, económico, cultural e territorial. Celébranse anualmente dende o 2003 no marco do Proxecto SINDUR (Sociedade da Información e Desenvolvemento Urbano e Rexional), financiado polo Plans Nacional e Galego de I+D+i do Ministerio de Educación e Ciencia e da Consellaría de Innovación e Industria da Xunta de Galicia.
Esta edición focalízase sobre o estudo e reflexión crítica acerca da viabilidade das Comunidades Virtuais entendidas como entidades activas nos procesos de desenvolvemento territorial e innovación económica, fixándose en especial en casos galegos e portugueses. Así, o programa previsto tentará reflexionar sobre si as Comunidades Virtuais son ou poden ser axentes de innovación e progreso social e económico, como e de que forma.
A inscrición nas xornadas, que é gratuíta, pode realizarse a través do teléfono 981.56.31.00 (ext. 14440) e das correos electrónicos cmaidega [at] usc.es (cmaidega[at]usc[dot]es), ygvidega [at] usc.es (ygvidega[at]usc[dot]es) e marina.pose [at] rai.usc.es (marina[dot]pose[at]rai[dot]usc[dot]es). (06-11-07)