José Sierra, da empresa URO Vehículos Especiais, protagonista dunha nova sesión do ciclo de charlas con directivos de empresas do Polígono Industrial do Tambre
O directivo da empresa Uro de Vehículos Especiales, José Sierra Fernández, impartirá este martes, día 10, a terceira conferencia do ciclo de charlas-coloquio con empresarios do Polígono Industrial do Tambre que organiza a Aula de Práctica Empresarial da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC. A intervención desenvolverase a partir das 12:00 horas no Salón de Graos deste centro compostelán.
Con este ciclo preténdese que os directivos participantes, todos eles empresarios do Polígono do Tambre, acheguen aos asistentes a súa experiencia empresarial, dende os seus inicios ata a consolidación no mercado ao tempo que analizar a situación actual do sector no que desenvolven a súa actividade. As intervencións compleméntanse cun coloquio cos universitarios participantes no ciclo.
A próxima cita deste ciclo que coordina a profesora Loreto Fernández Fernández desenvolverase o vindeiro luns, día 16, coa participación de Antonio González Espina, da empresa Espina Obras Hidráulicas.