Skip to main content

A USC implementou o 80 por cento das accións contempladas no Plan Estratéxico das TIC 2004-2006

O Consello de Goberno reuniuse este xoves en San Xerome
O Consello de Goberno reuniuse este xoves en San Xerome
Segundo o informe presentado este xoves no Consello de Goberno

O Consello de Goberno da USC celebrou este xoves unha xuntanza ordinaria na que se presentou o informe sobre o grao de execución do Plan Estratéxico das TIC 2004-2006 (PETIC) e a memoria económica de 2006, entre outros asuntos.
O PETIC xurdiu da preocupación e sensibilidade por parte da USC respecto da aplicación e utilización intensiva das tecnoloxías da información e a comunicación en canto instrumento imprescindible para acadar unha ensinanza de calidade que permita competir no novo contorno universitario global. Para cumprir co seu cometido, o Plan articulouse en 100 accións que á súa vez se estruturaba en nove liñas estratéxicas. Ao remate do período de vixencia do PETIC pode estimarse que o seu grao de cumprimento se aproxima ao 80 por cento.
A posta en marcha deste plan converteu á USC nun referente estatal por ser unha das primeiras universidades españolas en facer unha planificación estratéxica do uso das Tecnoloxías da Información e das Comunicacións. Entre as accións desenvolvidas, o informe destaca a posta en marcha da campaña de envío de mensaxes a móbiles con información de interese para os universitarios ou o programa Uniporta para a adquisición de portátiles con conectividade sen fíos, eido no que a USC é a primeira universidade do Estado en canto a solicitudes tramitadas para os seus estudantes.
No mesmo eido das TIC, o plan supuxo o impulso da rede sen fíos da USC, a maior de Galicia tanto por número de usuarios como pola súa cobertura, así como a renovación do web institucional, considerado no seu momento como o mellor da universidade española dende o punto de vista da accesibilidade e o segundo en base á súa usabilidade, ademais de ser galardoado co premio Eganet á presenza institucional en Internet.
Outros puntosO Consello de Goberno aprobou tamén a solicitude de accións especiais, prazas de profesorado e comisións de servizos. Outros puntos a debater nesta xuntanza son a proposta de complementos retributivos autonómicos, o protocolo de creación e marco de actuación das Cátedras Institucionais da USC, a modificación de Programas Oficiais de Posgrao e a participación da USC na European Nuclear Education Network Association (ENEN) e no capital social da empresa de base tecnolóxica Xenotechs.

The contents of this page were updated on 10.11.2007.