Skip to main content

Permanece aberto o prazo de inscrición no curso de improvisación que organiza o Teateatre

Permanece aberto o prazo de inscrición para o curso de formación actoral que organiza o Teateatre titulado ‘Corpus: a improvisación’ e que se celebrará os días 2 e 3 de novembro en horario de 9:30 a 13:30 horas e de 16:30 a 21:00 horas.
As clases serán impartidas polo actor, escenógrafo, director e autor teatral Suso Díaz, vinculado á Compañía Sarabela Teatro, e terán un custe de 70 euros, reducidos a 50 para os membros da Federación Galega de Teatro Afeccionado.

The contents of this page were updated on 10.17.2007.