Skip to main content

O libro 'Del Documento escrito a la Evidencia Material. Actas del I Encuentro Compostelano de Arqueología Medieval' preséntase este martes en Xeografía e Historia

O libro Del Documento escrito a la Evidencia Material. Actas del I Encuentro Compostelano de Arqueología Medieval presentarase este martes, día 30, na Sala de Profesores da Facultade de Xeografía e Historia a partir das 18:30 horas. Na presentación estarán presentes os coordinadores da obra Mercedes López-Mayán Navarrete e Carlos Galbán Malagón, representantes da editorial Lóstrego e o profesor da USC Domingo L. González Lopo, membro da Comisión Cultural da Facultade de Xeografía e Historia.
O libro recolle as conferencias presentadas no I Encontro Compostelán de Arqueoloxía Medieval que se celebrou na Facultade compostelá o pasado ano 2006. Estas actas pretenden ofrecer unha obra sintética que permita dispoñer nun achegamento sinxelo dun panorama global e representativo acerca do estado da disciplina en Galicia e dos rasgos e alcances das diversas liñas de investigación que se están desenvolvendo, así como das múltiples problemáticas ou iniciativas investigadoras que se comentaron nas sesións do encontro.

The contents of this page were updated on 10.29.2007.