Skip to main content

A USC organiza un curso gratuíto de Tai Chi Acuático para manter o equilibrio e a relaxación

A Área de Deportes da USC, pertencente á Vicerreitoría de Cultura, organiza un curso gratuíto de Tai Chi Acuático para o mantemento do equilibrio, a relaxación, a flexibilidade e unha respiración adecuada.
O prazo para solicitar as clases, que se desenvolverán os días 19 e 21 de xuño de 11:30 a 13:30 horas, xa está aberto. As prazas repartiranse segundo a orde de inscrición que se formalizará nas oficinas da Área de Deportes.
Tai Chi AcuáticoO Tai Chi Acuático integra exercicios de Qi Gong e Tai Chi terapéutico destinados a mellorar as doenzas circulatorias, respiratorias, dixestivas, nerviosas e reumáticas. Esta actividade tamén axuda a conseguir hábitos saudables na vida, controlar o estres e evitar o sedentarismo.

The contents of this page were updated on 06.11.2007.